Boas compañeir@s!
Somos o grupo NEBRIJA (Noelia Rodríguez, Eva Rodríguez Salgado, Begoña Rodríguez, Rocío Vergara e Javier Vázquez) de 3º curso de Grao en Ed. Primaria.
Tras darlle moitas voltas ó asunto decidimos tratar neste blog o tema da emigración xa que, debido á situación actual do noso país, é un feito que ocorre a cotío; tal e como ocorrera xa con outras xeracións.
Obxectivos:
- Amosar a realidade que se está vivindo en moitas familias neste momento.
- Presentar como viven a crise económica as diferentes clases sociais.
- Achegar ós nenos a importancia dos movementos migratorios.
- Comparar a emigración actual coa emigración de décadas pasadas.
O outro día Uxía, ó volver da escola, chegou á casa e levou unha gran sorpresa: o seu pai tiña un montón de maletas preparadas.
- Para onde vai papá?
- Para onde vai papá?
