jueves, 15 de noviembre de 2012

A emigración actual e as súas causas.


Tras escoitar todo o que lle contou seu avó sobre cando él emigrou a Suíza Uxía quedou pensativa e tras uns minutos preguntoulle o seu avó:
- Enton papá marchou para América ou para Suiza?
O avó de Uxía mirou para ela e díxolle que non, que seu pai marchou para Noruega, onde lle ofreceran un posto de traballo moi bo e para o cal el estudara aquí en España.
- Noruega –pensou Uxía-. E onde é eso avó? E marchou en tren?
- Noruega é un país que está no norte de Europa, Uxía –respondeu o avó- e non, non marchou en tren, marchou en avión.
- E porque tivo que marchar? Eu non quería que marchase.
- Marchou porque aquí non hai traballo debido a que estamos atravesando unha profunda crise económica filla.

Uxía deuse por satisfeita e, aínda que apenada pola partida de seu pai, sabía que iso non ía ser para sempre e que el voltaría ou marcharían ela e súa nai, xa que seu avó e seu bisavó regresaran á sua terra.

E Uxía quedou pensando en que pronto se xuntaría con seu pai...


Unha das principais causas da emigración actual é a profunda crise económica que estamos atravesando e que se iniciou no 2008 e que continúa actualmente.desde o comezo da crise, a taxa de emigración aumentou nun 21.9%. (Datos de Xaneiro de 2012). Esta crise provocou un gran ascenso da taxa de paro xa que moitas empresas se viron afectadas e tiveron que presentar expedientes de regulamento de emprego (EREs), suspensión de pagos  e outras moitas tiveron que pechar. Un dos sectores que máis se viu afectado foi o da construcción xa que viu finalizado o “boom” inmobiliario e as ventas caeron estrepitosamente.

A banca tamén se viu moi afectada e tiveronse que tomar importantes medidas que perxudicaron aínda máis a situación. Como consecuencia da crise, tiveronse que levar a cabo recortes nos presupostos do Estado e fixéronse cambios nas leis laborais, nos servizos socias, etc. Debido a esto, actualmente miles de persoas (de clase media-baixa maioritariamente) en España non contan con ningún tipo de axuda e estanse quedando sen nada. Moitas persoas perderon o seu posto de traballo ascendendo o paro a 5,778 millons de parados (a 26 de Outrubro de 2012).

Debido a tal situación, a xente vese na obriga de marchar do país na búsqueda dun posto de traballo.

A xente que máis emigra é a xente nova. Os destinos máis solicitados son os países de Europa nos que a crise tivo menor impacto tales como Alemania, Noruega, Finlandia, Holanda, Reino Unido e Suíza entre outros e países de Latino América.

A maioría destas persoas emigrantes caracterízanse por ser xente cualificada e especializada con carreiras universitarias, másters, etc. que en España non ten posibilidade de encontrar traballo no que estudou.


Para saber máis:


http://www.youtube.com/watch?v=GoxYh_S8RxY Este video reflexa a través de varias entrevistas como é a situación actual dos emigrantes españois en Europa.
 




-

jueves, 8 de noviembre de 2012

A emigración galega a finais do século XX. Europa. (Suíza)


Uxía xa estaba máis tranquila, o pai de seu avó volvera onda el e a súa nai. Seguro que o seu pai tamén volvería pronto.
Foi entonces cando o avó de Uxía lle contou que cando o seu fillo (o pai de Uxía) era pequeno, el tamén tivera que emigrar.
Uxía sorprendeuse moito e preguntoulle se marchara só, se tamén fora en barco para América.
O seu avó sorriu e contestoulle:
-          Non Uxía, marchamos túa avoa máis eu. E non marchamos en barco cara América senón que collemos un tren e fomos para Suíza.
Uxía preguntoulle si seu pai marchara canda eles. Seu avó díxolle que non, que el quedara aquí cos avós pero que o viñan visitar polo menos unha vez o ano e que el tamén ía alá.
Uxía estaba moi sorprendida con todo o que lle estaba contando o seu avó.
-          E estivestes moito tempo alá?
-          Uns 12 anos, cando construímos esta casa e xuntamos un pouco de diñeiro regresamos.

Os primeiros galegos chegaron a Suíza no final da década dos 50 para abastecer ás fábricas do cantón alemán nas que a produción non cesaba. Europa estaba en reconstrución tas a Segunda Guerra Mundial e as fábricas suízas (que quedaran intactas) mantiñan un alto ritmo industrial.

Os galegos embarcaban en longas viaxes en tren, fuxindo dalgún modo da situación de España nesa época, marcada polo franquismo e a pobre situación económica,  e chegaban a Suíza pola fronteira de Xenebra. Iso si, sempre coa idea de volver, antes ou despois, á súa terra galega.

Este novo lugar ó que emigrar, foi un grande choque para os galegos xa que tras saír dun país onde aínda se sufrían as consecuencias da guerra chegaron a un país moi avanzado en todos os aspectos. Presenciaron o primeiro mundo de verdade.

Os galegos encontraban facilmente traballo na industria e na construción. Os centros galegos foron e son fontes para encontrar traballo e lugares de reunión. Desde este punto de vista parece que emigrar era fácil aínda que ós galegos custáballes integrarse debido á barreira idiomática.

A finais da década dos anos 60, os novos emigrantes galegos chegaron ó cantón francés para ocupar empregos do sector turístico. Este fluxo de emigrantes galegos cara Suíza mantívose constante ata finais da década dos 80.

Nesta época hai que ter en conta que os fillos de galegos nacidos en Suíza están totalmente integrados, naceron e creceron nese país e a cotío, cando seus país retornan a Galicia, eles non o fan. E os que o fan encóntranse inadaptados e infravalorados xa que non se aprecia abondo a súa formación e o seu coñecemento de idiomas.

Para saber máis: