jueves, 8 de noviembre de 2012

A emigración galega a comezos do século XX. América.


Moi triste pola partida do seu pai, Uxía foi a casa dos seus avós. Estes, ao ver que a nena non deixaba de chorar decidiron contarlle que o que pasaba xa lles ocorrera a eles había anos. O seu avó contoulle cando, na década dos 30 o seu pai viuse na obriga de emigrar a Arxentina, América.

 Dende que existe o ser humano, este desprazouse dun lugar a outro en busca de mellorar a súa vida.
A causa principal da emigración é a economía, seguida por factores políticos que a cotío derivan da causa anterior.

Á hora de falar da emigración, tal como entendemos hoxe en día, hai que sinalar un feito histórico moi significativo, xa que marcou o " punto de partida " da chamada emigración moderna, tal é o caso da Revolución Industrial, que provocou un cambio radical nos conceptos tradicionais da economía e un desenvolvemento espectacular do capital que modificaron as estructuras socio-económicas de Europa.

A emigración tal e como a coñecemos hoxe en día ten o seu inicio na Revolución Industrial, que provocou un gran cambio nos sistemas económicos e un gran desenvolvemento do capital, aspecto que modificou a estructura socio-económica de Europa.

Neste punto é preciso analizar a situación e características socio-económicas de Galicia nesta época. Galicia é un país agrícola caracterizado polo minifundio o que provocou que a modernización fose máis complicada. Trátase dunha economía de mera subsistencia que non pode satisfacer as necesidades dunha poboación en aumento. Isto sumado á  que a terra está mal repartida, a falta de traballo ou empregos con garantía, o declive da pesca e a desastrosa política agraria dos gobernos da época encargaranse de fomentar  a emigración. 

Os emigrantes dirixíanse fundamentalmente a América Latina, sendo Arxentina o país que máis xente recibiu ó longo da historia. Xeralmente concentrábanse nas grandes áreas urbanas: Bos Aires, Montevideo, S.Paulo, Río, Bahía, A Habana,... Dedicábanse preferentemente ó sector servizos, comercio e profesións liberais, recibindo o sector agrario unha porcentaxe moi baixa, salvo no caso de Brasil, onde as explotacións agrarias, forestais (caucho) e minerais ocuparon un considerable número de emigrantes. 




A poeta galega Rosalía de Castro reflexa no seu poema “Pra Habana” (1863) a situación do pobo galego ante a realidade da emigración:
“Galicia, sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non teñen pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortais.
Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará “.

Para saber máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario