Uxía xa estaba
máis tranquila, o pai de seu avó volvera onda el e a súa nai. Seguro que o seu
pai tamén volvería pronto.
Foi entonces
cando o avó de Uxía lle contou que cando o seu fillo (o pai de Uxía) era pequeno,
el tamén tivera que emigrar.
Uxía
sorprendeuse moito e preguntoulle se marchara só, se tamén fora en barco para
América.
O seu avó
sorriu e contestoulle:
-
Non Uxía, marchamos túa avoa máis eu.
E non marchamos en barco cara América senón que collemos un tren e fomos para Suíza.
Uxía
preguntoulle si seu pai marchara canda eles. Seu avó díxolle que non, que el
quedara aquí cos avós pero que o viñan visitar polo menos unha vez o ano e que
el tamén ía alá.
Uxía estaba moi
sorprendida con todo o que lle estaba contando o seu avó.
-
E estivestes moito tempo alá?
-
Uns 12 anos, cando construímos esta
casa e xuntamos un pouco de diñeiro regresamos.
Os primeiros galegos chegaron a Suíza no final da década
dos 50 para abastecer ás fábricas do cantón alemán nas que a produción non
cesaba. Europa estaba en reconstrución tas a Segunda Guerra Mundial e as
fábricas suízas (que quedaran intactas) mantiñan un alto ritmo industrial.
Os galegos embarcaban en longas viaxes en tren, fuxindo
dalgún modo da situación de España nesa época, marcada polo franquismo e a
pobre situación económica, e chegaban a
Suíza pola fronteira de Xenebra. Iso si, sempre coa idea de volver, antes ou
despois, á súa terra galega.
Este novo
lugar ó que emigrar, foi un grande choque para os galegos xa que tras saír dun
país onde aínda se sufrían as consecuencias da guerra chegaron a un país moi
avanzado en todos os aspectos. Presenciaron o primeiro mundo de verdade.
Os galegos
encontraban facilmente traballo na industria e na construción. Os centros
galegos foron e son fontes para encontrar traballo e lugares de reunión. Desde
este punto de vista parece que emigrar era fácil aínda que ós galegos
custáballes integrarse debido á barreira idiomática.
A finais da
década dos anos 60, os novos emigrantes galegos chegaron ó cantón francés para
ocupar empregos do sector turístico. Este fluxo de emigrantes galegos cara
Suíza mantívose constante ata finais da década dos 80.
Para saber máis:
- - http://www.laviajeraempedernida.com/2011/07/14/%C2%A1-quiero-emigrar-a-suiza-para-jugar-al-ajedrez/
No hay comentarios:
Publicar un comentario