jueves, 8 de noviembre de 2012

A emigración galega a mediados do século XX. Características.


Uxía, moi interesada na historia que lle estaban contando os seus avós, quedou fitando para seu avó e preguntoulle:
-          - Avó, e o teu pai cando marchou? E cómo chegou alá tan lonxe? Foi en avión? E a túa mamá tamén marchou?
Seu avó sorriulle e contoulle que o seu pai marchara en barco, que fora unha longa viaxe e que a súa nai non marchara, que ela quedara aquí coidando dos fillos. Comezou, entón, a contarlle como acontecera todo.
Uxía, escoitou con atención todo o que o seu avó lle estaba contando.

Unha das cousas que caracteriza a emigración galega é que os galegos emigraban na busca dunha mellora económica e que a maioría sempre voltaba, se cadra por iso é que todos os galegos temos o que chamamos morriña.

Outra das características é que nun principio só emigraban os homes. Deste xeito marchaban os maridos e fillos no esplendor da súa xuventude e aquí quedaban as mulleres. (Este tamén é un factor que influíu en que a maioría dos galegos retornasen á súa terra)

Para chegar ás Américas, os galegos facían a travesía, que duraba moitos días, en barco que a cotío collían no porto de Vigo.


É a partir da década dos 50 cando a muller galega tamén emigra.

No 1930 comeza unha forte crise económica orixinada pola crise económica de 1929 dos países americanos e a Guerra civil española que provocou o peche de fronteiras. Así mesmo, a Segunda Guerra Mundial tamén influíu moito xa que as principias navieiras que cruzaban o Atlántico pertencían a países participantes no conflito bélico.
Cando rematou a Guerra Mundial e se reabriron as fronteiras, comezou un novo período migratorio que durará ata a década dos 70.




O avó de Uxía leulle un conto que pertencía á obra “Cousas” escrita por Castelao no 1929.

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.

Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.

Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

Aquel si que era o pai de Migueliño
.



Para saber máis: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario